Victoriano Costales Gutiérrez, nado cara a 1901 e finado en Pontevedra en setembro de 1965, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
Oficial primeiro do Corpo Nacional de Estatística con destino na Sección Provincial de Pontevedra en 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Portugal grazas a axuda da súa muller Elena Pintado. Foi expulsado do servizo e baixa na escala en marzo de 1937.[1] En maio de 1954 foi readmitido no servizo cunha sanción de cinco anos de postergación e inhabilitación para o desempeño de cargos de mando ou de confianza.[2] En 1962 era subdelegado do Instituto Nacional de Estadística en Pontevedra.[3] Finou en Pontevedra en setembro de 1965.[4]
Vida persoal
Casou con Elena Pintado Martín e foi pai de María Elena, Carmen, José Luis e Matilde Costales Pintado.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-3-1937, p. 8.
- ↑ BOE, 22-5-1954, p. 3469
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-2-1962, p. 15.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-9-1965, p. 10.