Vicente Soto Martínez

Modelo:BiografíaVicente Soto Martínez
Biografía
Nacementoc. 1911 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 215

Vicente-Santiago Soto Martínez, nado en Pontevedra cara a 1911, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi socio fundador da Casa del Maestro de Pontevedra.[1] Fixo o cursiño de selección profesional para o ingreso no maxisterio de 1936.[2] De ideoloxía socialista.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa do goberno civil pontevedrés e na requisa de armas. Foi detido e xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 4 de febreiro de 1937 con Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar, Adolfo Caeiro García e José Elías Silva Caneda.[3] Un informe da Garda Civil considerábao "De dudosa conducta y antecedentes, simpatizante del frente popular, propagandista de izquierdas". Condenado a cadea perpetua, pasou pola illa de San Simón e despois foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona, onde chegou o 11 de outubro.[4][5] Conmutada a súa pena a catro anos o 26 de xuño de 1940, saíu con prisión atenuada o 20 de agosto.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 22-3-1934, p. 11.
  2. El Noticiero Gallego, 18-5-1936, p. 5.
  3. El Diario de Pontevedra, 4-2-1937, p. 2.
  4. "Soto Martínez, Vicente". Los presos del penal de Ezcaba. 
  5. Xosé Álvarez Castro (14 de marzo de 2015). "Pontevedreses no forte de san Cristóbal". Pontevedra nos anos do medo. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!