Vicente González Losada, nado o 8 de xaneiro de 1887, foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, obtendo o grao en 1909.[1] Colaborou en El Eco de Santiago. Aprobou as oposicións en 1910 e foi mestre de Leiro dende esa data.[2] En Leiro dirixiu o periódico La Voz del Labrador (1913-1914). En 1933 trasladouse á Escola Concepción Arenal da Coruña.
Vida persoal
Casou en Ourense coa tamén mestra Olimpia Vázquez Gutiérrez en 1925.[3]
Notas