Vicente Cupóns, nado en Barcelona foi un futbolista catalán que xogaba na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria
Comezou xogando en equipos locais de Cataluña, ata que decidiu trasladarse a Galicia en 1930 e xogar no Alondras CF de Cangas, xogando no equipo galego chamou a atención dos olleadores do Celta de Vigo, equipo polo que fichou ao ano seguinte. Na única tempada que xogou no Celta foi o máximo goleador do equipo, anotando 18 goles en 18 encontros entre Liga e Copa do Rei, porén os continuados problemas coa directiva fixeron que deixara o equipo a tres encontros de rematar a tempada.
Ao ano seguinte o adestrador José Planas, quen xa o dirixira no Celta chamouno para xogar no Racing de Ferrol, no equipo departamental xogou outra tempada, antes de volver a Cataluña e xogar no modesto Palafrugell.
Véxase tamén
Ligazóns externas