A auga do río Guadiana, grazas a unha importante infraestrutura de canles e quenllas, é o recurso natural sobre o que se cimentou toda a riqueza agrícola da zona. O val fluvial do mesmo, é o elemento vertebrador da paisaxe.
O potencial económico de Don Benito xunto co de Villanueva de la Serena, centros comerciais de primeira orde en Estremadura, unido a un sector agrícola punteiro e unha posición xeográfica vantaxosa, fan das Vegas Altas do Guadiana unha das comarcas con maior dinamismo da rexión.