Varlaam Sheptytskyi

Modelo:BiografíaVarlaam Sheptytskyi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1647 Editar o valor en Wikidata
Voshchantsi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1715 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Univ, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Xurxo 49°50′19″N 24°00′46″L / 49.83864, 24.01278 Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
30 de outubro de 1709 –
← Yurii VynnytskyiAtanasii Sheptytskyi →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1710–), sacerdote católico (1668–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónYurii Vynnytskyi Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Szeptycki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Varlaam Sheptytskyi (en ucraíno: Варлаам Шептицький; en polaco: Barlaam Szeptycki), nado como Vasyl Sheptytskyi (en ucraíno: Василь Шептицький; en polaco: Bazyli Szeptycki) o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi (hoxe Ucraína) e finado o 5 de abril de 1715, foi un eclesiástico greco-católico, bispo de Lviv dende 1710 até o seu pasamento.

Traxectoria

Vasyl Sheptytskyi naceu o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi, fillo de Oleksandr Zakharii Sheptytskyi e de Eva, de apelido de solteira Litynskyi.[1] Foi educado nunha escola católica, e en 1664 entrou no skit de Maniava onde foi tonsurado monxe e tomou o nome de Varlaam.[1] O 26 de febreiro de 1668 foi elixido arquimandrita do mosteiro de Univ, e dita elección foi aprobada polo rei Xoán II Casimiro o 19 de marzo.[1] En 1701 foi abade do mosteiro de Vitsyn.[1] Foi amigo do voivoda Adam Mikołaj Sieniawski.[1]

Xunto ao bispo Yosyf Shumlianskyi participou activamente a prol da Unión de Brest na eparquía de Lviv. Tomou parte no coloquio de Lublin de 1680, e o 26 de marzo de 1681 fixo unha confesión de fe católica xunto con outros sacerdotes no Sejm.[1]

Foi elixido bispo de Lviv o 21 de xaneiro de 1710, e o 15 de xuño foi consagrado polo metropolita Yurii Vynnytskyi.[1] Finou o 5 de abril de 1715 e foi enterrado na catedral de san Xurxo de Lviv.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Мицько, Ігор (1998). Святоуспенська Лавра в Уневі (кінець ХІІІ ст. – кінець ХХ ст.). Lviv: Свічадо. p. 120. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!