Vanessa virginiensis é unha bolboreta orixinaria de América do Norte.[1]
En Galicia
Ó tratarse dunha especie americana, a súa presenza no continente europeo é excepcional. En outubro de 2018, descubriuse un exemplar por vez primeira, nas marismas da Xunqueira de Alba, en Pontevedra. Segundo un informe BMS en España, o achado desta bolboreta pódese deber a que é quen de chegar ó continente europeo por mor da acción das grandes tormentas do Atlántico que se producen entre setembro e novembro.[2]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Riley, N.D. and Higgens, L.G. 1970. A Field Guide to the Butterflies of Britain and Europe. Collins, Great Britain. ISBN 0-00-212028-3