Sitúase nunha rexión natural formada polo río Guadalhorce. O val caracterízase pola súa fertilidade e o cultivo de hortalizas, froitas e cítricos, sendo tamén coñecido como a horta de Málaga. Actualmente a expansión urbanística da área metropolitana de Málaga céntrase nesta zona, debido á súa proximidade e ás boas comunicacións coa capital provincial.