Valdemaras Chomičius, nado o 4 de maio de 1959 en Kaunas, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 1,93 metros, xogaba na pocisión de ala. Internacionala coas seleccións da Unión Soviética e Lituania, entre os seus logros destacan a Medalla de Ouro os Xogos Olímpicos de 1988 e o Campionato do Mundo de 1982. A nivel individual, cómpre destacar que foi o máximo triplista da Liga ACB co Fórum Valladolid na temporada 1989–90.
Traxectoria
Clubs
- Žalgiris Kaunas (Unión Soviética, 1978–1989)
- Fórum Valladolid (ACB, 1989–1990)
- Aprimatic Bologna (Serie A2, 1990–1991)
- CAI Zaragoza (ACB, 1991–1992)
- Castors Braine (PBL, 1992)
- Spirou Charleroi (PBL, 1992−1993)
- Castors Braine (PBL, 1993−1994)
- CB Marbella (EBA, 1994−1995)
- Olimpas Plungė (LKL, 1996–1997)
- Kraitenė Marijampolė (LKL, 1998–1999)
- Ural Great Perm (PBL, 2000–2001)
Palmarés
Clubs
- Campión da Liga da Unión Soviética (2): 1986, 1987
- Campión da Liga de Rusia (1): 2001
Internacional
- Xogos Olímpicos
- Mundial
- Campión do Mundial de 1982
- Subcampión do Mundial de 1986
- Eurobasket
- Campión do Eurobasket de 1979
- Campión do Eurobasket de 1985
- Subcampión do Eurobasket de 1987
- Subcampión do Eurobasket de 1995
- Terceiro lugar do Eurobasket de 1983
- Terceiro lugar do Eurobasket de 1989
Individual
Véxase tamén
Ligazóns externas