Vaca e polo (en inglés: Cow and Chicken) é unha serie de animación estadounidense de comedia creada por David Feiss para Cartoon Network, sendo a terceira das producións de Cartoon Cartoons. Conta as aventuras surrealistas de dous animais irmáns, unha vaca e un polo. A miúdo lidian co seu antagonista, Red Guy, unha caricatura do Demo que trata de enganar ás dúas personaxes.
O piloto orixinal da serie estreouse como parte de What a Cartoon!. A popularidade da curta permitiu a Hanna-Barbera dar luz verde para a creación dunha serie completa, que se estreou o 15 de xullo de 1997. Orixinalmente, Vaca e polo estaba unido a outro segmento chamado Mandril e donicela, que máis tarde se convertería na súa propia serie, o 10 de xuño de 1999. A serie foi producida por Hanna-Barbera Cartoons. Foi nomeada a dous Premios Emmy.
Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas