Un soño posible (en inglés: The Blind Side) é un filme estadounidense dirixido por John Lee Hancock que se estreou no 2009. Baséase no libro de Michael Lewis The Blind Side: Evolution of a Game. Estreouse en galego na TVG o 21 de setembro de 2013.
Sinopse
Baseado en feitos reais. Michael Oher, un mozo negro sen fogar, é acollido por unha familia branca, disposta a darlle todo o seu apoio para que poida triunfar tanto coma xogador de fútbol americano coma na súa vida privada. Pola súa parte, Oher tamén influirá coa súa presenza na vida da familia Touhy.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas