Un baile de moscas

Un baile de moscas
Autor/aKiko Neves
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónAbismos. Peto, n.º 43
Xénero(s)Narrativa
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.decembro 2001
Formato11 x 17,5 cm
rústica fresado
Páxinas160
ISBNISBN 978-84-8302-715-8
editar datos en Wikidata ]

Un baile de moscas é unha obra literaria de Kiko Neves, publicada por Edicións Xerais en decembro de 2001.

Trama

Xonás é un rapaz de 26 anos que traballa de administrativo. Vive na súa vila natal, Vilanéboa, situada ao sur da provincia de Pontevedra. Gosta de beber vodka con seven-up, aínda que tamén lle dá ao whisky só ou á Estrella Galicia. As súas amizades, agás un compañeiro que traballa na construción, son os camareiros dos bares que frecuenta.

A acción comeza unha noite de venres, en que coincide nun bar con María e con Lucía, dúas rapazas coas que se deitara tempo atrás. Logo de emborracharse xunto a María, acaban os tres na casa de Lucía. Á noite seguinte acaba moi bébedo en casa de María, e déitase con Lucía.

Desde esa fin de semana, e durante varios meses, vai evolucionando a súa situación persoal con elas dúas. Lucía é mestra, e apenas vai pola vila as fins de semana. María, que traballa nun banco, decide marchar a Porto para evadirse. Xonás é despedido e pasa a estar desempregado.

Nunha pensión de Santiago de Compostela atopa de novo a María, que anda con problemas psicolóxicos. Pouco despois atópaa de novo en casa de Lucía, e a novela remata con eles tres falando animados nunha habitación.

Narración

O libro está dividido en 99 capítulos. Alterna a narración da trama en primeira persoa, xunto a capítulos en terceira persoa que describen a bioloxía das moscas.

A obra inclúe poemas de Pastor Rodríguez "Turi" e de Charles Bukowski, e faise referencia a Manuel Rivas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!