Tututepec de Melchor Ocampo é un dos 570 concellos nos que está dividido o estado mexicano de Oaxaca e que se atopa na zona costeira do mesmo. A súa cabeceira municipal é Villa de Tututepec de Melchor Ocampo.
Xeografía
O concello de Tututepec de Melchor Ocampo atópase na rexión Costa e no distrito de Juquila, na costa do estado. Ten unha extensión territorial de 1 219.727 quilómetros cadrados que equivalen ao 1,30% da extensión total do estado, sendo as súas coordenadas extremas 15° 55' - 16° 17' de latitude norte e 97° 10' - 97° 48' de lonxitude oeste e a súa altitude fluctúa entre un máximo de 1 600 e un mínimo de 0 metros sobre o nivel do mar.
A poboación total do concello de acordo co Censo de Poboación e Vivenda realizado en 2020 polo Instituto Nacional de Estadística y Geografía, é de 50 541 habitantes, dos cales 24 533 son homes e 26 008 son mulleres.[1]
A densidade de poboación ascende a un total de 40 persoas por quilómetro cadrado.
Localidades
O concello está formado por 143 localidades, as principais e a súa poboación de acordo co censo de 2020 son: