O Turner Field é un estadio de béisbol que se atopa en Atlanta, e entre 1997 e 2016 serviu como estadio do equipo das grandes ligas de béisbol Atlanta Braves. Foi construído en 1997, orixinalmente como o Centennial Olympic Stadium para ser sede central das olimpíadas de Atlanta 1996. Porén, cando remataron os Xogos Olímpicos o estadio foi parcialmente demolido para facelo campo de béisbol. Os Atlanta Braves da Major League Baseball (MLB) utilizaron o estadio entre 1997 e 2016, ano no que se trasladaron ao SunTrust Park.
Historia
O estadio foi construído fronte á antiga sede dos Braves, Atlanta-Fulton County Stadium, que foi derrubado no verán de 1997. O Fanplex centro de entretemento atópase adxacente ó estacionamento.
O estadio contén 59 suites de luxo e suites de tres partes. O nome máis popular entre os residentes de Atlanta para o novo estadio no momento da súa construción (de acordo cunha enquisa da Atlanta Journal-Constitution) era Hank Aaron Stadium, mais foi chamado Turner Field por Ted Turner.
Véxase tamén
Ligazóns externas