Ovidio menciónaa en "Epistulae ex Ponto", e dicía que o seu nome procedía do seu fundador, os dacios chamados "Carpyus Aegyssus".
No século I, Aegyssos/Aegyssus foi conquistada polos romanos, que debían establecer unha base para a frota romana que defendera a fronteira do nordeste do imperio, consolidándoo con murallas e torres altas (as ruínas de defensa seguen sendo visibles).
No 1416 foi conquistada polo Imperio Otomán, e concedida a Romanía, xunto co resto de Dobruia, en 1878. Arredor 1848, Tulcea seguía sendo unha cidade pequena, séndolle concedido o status de cidade no 1860, cando convertese en capital da provincia.
Xeografía
O Delta do Danubio ocupa a maior parte da provincia, sendo actualmente a reserva da biosfera máis grande da Unión Europea[5][6], existe unha gran cantidade de aves entre elas unha especie de pelicano, que figura no escudo del Delta.
A actividade principal é a pesca, e existe o estaleiro de Aker que ocupa á gran parte da poboación.
Demografía
Segundo o censo de 2011, a poboación de Tulcea é de 66,644 habitantes.
A maior parte dos indíxenas búlgaros deixaron a cidade en 1941 por mor do Tratado de Craiova