True Story é un filme estadounidense de 2015 dirixido por Rupert Goold. O guión foi escrito por Goold e David Kajganich e baséase nas memorias homónimas de Michael Finkel. Está protagonizado por Jonah Hill, James Franco e Felicity Jones. O elenco tamén inclúe a Gretchen Mol, Betty Gilpin e John Sharian.
Franco interpreta o papel de Christian Longo, un home na lista dos máis buscados do FBI acusado de asasinar a súa muller e os seus tres fillos en Oregón. Agochouse en México empregando a identidade de Michael Finkel, un xornalista interpretado por Hill.[3] O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance e nos cinemas dos Estados Unidos o 17 de abril de 2015. O filme explora a relación que se desenvolve entre os dous homes despois de que o xornalista Finkel comeza a coñecer a Longo no cárcere.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas