True Blood, que mestura drama e horror, narra a coexistencia de vampiros e humanos en Bon Temps, unha vila ficticia de Luisiana. Por mor do sangue artificial creado no Xapón os vampiros poden deixar o mundo das tebras e integrase na sociedade. A protagonista Sookie Stackhouse (Anna Paquin), é unha camareira con poderes telepáticos que se namora do vampiro Bill Compton (Stephen Moyer). Outros personaxes destacados é o irmán de Sookie, Jason (Ryan Kwanten), e os seus amigos Sam (Sam Trammell) e Tara (Rutina Wesley).