Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Tronceda.
Santa María de Tronceda é unha das parroquias máis pequenas do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 34 habitantes (15 mulleres e 19 homes), 20 menos ca en 1999. Ten dous núcleos de poboación: Tronceda a Nova, onde se empraza a igrexa e a escola, e Tronceda a Vella.
Xeografía
Limita coas parroquias de Dombodán polo oeste, Brandeso polo norte, Viñós polo leste, e o encoro de Portodemouros polo sur. A súa xeografía é un plano lixeiramente inclinado de W a L marcado de forma leve polo rego de Tronceda que a cruza de N a S.
A súa poboación dedícase na súa totalidade ao sector primario, sendo a gandería a principal fonte de ingresos.
Lugares e parroquias
Lugares de Tronceda
Parroquias de Arzúa
Notas
Véxase tamén
Outros artigos