Trofeo Antonio Puerta

Modelo:Competición deportivaTrofeo Antonio Puerta
Nome oficialTrofeo Antonio Puerta (2007–) Editar o valor en Wikidata
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
EpónimoAntonio Puerta Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónSevilla (Provincia de Sevilla) 37°23′19″N 5°59′44″O / 37.3886, -5.9956 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2008 – Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSevilla FC Editar o valor en Wikidata


O Trofeo Antonio Puerta é un torneo anual que organiza o Sevilla FC desde 2008, dedicado á memoria do xogador Antonio Puerta, falecido o 28 de agosto de 2007, tres días despois de caer esborrallado no campo mentres disputaba o primeiro partido de Liga da tempada 2007–08 contra o Getafe CF.[1] Este trofeo dispútase antes do comezo da tempada, a finais de agosto, e substitúe ao tradicional partido de presentación que disputada o Sevilla FC no seu estadio antes de comezar a tempada.

Historia

A primeira edición celebrouse o día 23 de agosto de 2008, cinco días antes do aniversario do falecemento do xogador. Por iso realizáronse unha serie de actos antes do partido: entregóuselle a Aitor Puerta, fillo do xogador, o seu carné de socio e unha camiseta co seu nome; proxectáronse no videomarcador imaxes do xogador; e xusto antes do partido gardouse un minuto de silencio, durante o cal rezouse un Noso Pai, en recordo do propio xogador homenaxeado e das vítimas do Voo 5022 de Spanair, en accidente ocorrido no aeroporto de Barajas en Madrid o 20 de agosto de 2008 e que supuxo a maior traxedia da aviación comercial en España desde 1983,[2] un suceso que conmocionou a toda a sociedade española.

O club elixido para disputar a I edición do Trofeo Antonio Porta foi o Málaga CF, club andaluz contra o que Puerta debutou en Primeira División o 21 de marzo de 2004, e que na tempada 2008-2009 retorna a Primeira División tras dúas tempadas en Segunda División.

O trofeo da I Edición é obra do escultor Roberto Echevarría e o ourive Juan Borrero Campos, encargados do deseño e execución da mesma. É unha peza no medio relevo e en prata de lei que representa o equipamento nervionense coa anatomía de Antonio Puerta e o seu dorsal ás costas. As cores utilizadas son o vermello veludo para o fondo e a prata simbolizando o branco da camiseta sevillista.

O 11 de xuño de 2012 anunciouse que a quinta edición do torneo xogaríase o 8 de agosto entre o Sevilla FC e o Deportivo da Coruña.[3]

Finais

Ano Campión Subcampión Resultado
2008 España Sevilla España Málaga 2–0
2009 España Sevilla España Xerez 2–1
2010 España Granada España Sevilla 1–1
2011 España Sevilla España Espanyol 5–0
2012 España Sevilla Galicia Deportivo 2–0
2013 España Sevilla España Almería 1–1

Palmarés

Equipo Títulos Subcampión Anos
España Sevilla 5 1 2008, 2009, 2011, 2012, 2013
España Granada 1 0 2010
España Málaga 0 1
España Xerez 0 1
España Espanyol 0 1
Galicia Deportivo 0 1
España Almería 0 1

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!