Trinitat Vella

Modelo:Xeografía políticaTrinitat Vella
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°27′01″N 2°11′29″L / 41.45018, 2.19136
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
DistritoSant Andreu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.513 (2021) Editar o valor en Wikidata (13.011,14 hab./km²)
Xeografía
Superficie80,8 ha Editar o valor en Wikidata

Trinitat Vella (en galego, Trindade Vella) é un dos barrios que forman o distrito de Sant Andreu da cidade de Barcelona. Antes de ser un barrio barcelonés era un extremo afastado do municipio independente de Sant Andreu de Palomar coñecido como Coll de Finestrelles.

Ten unha superficie de 84 hectáreas e uns 8.000 habitantes. Os seus límites actuais son o río Besòs, a avenida Meridiana e a estrada de Ribes e o paseo de Santa Coloma.

Historia

En 1413 construíuse a capela da Trindade (Trinitat en catalán), que foi queimada durante a Guerra de Independencia española. En 1445 puxéronse as forcas xurisdicionais de Barcelona, consistentes en tres pedras e unhas madeiras dereitas postas enriba.

A Trinitat era unha zona pouco habitada e con poucas masías, a pesar das viñas que se cultivaban na parte alta e que se mantiveron ata a década de 1950. Entre 1952 e 1954 as viñas desapareceron para construír bloques de vivendas e para converter a parte máis alta en prisión. Poucos anos despois, a expansión de novas vías de circulación separou a Trinitat en dous barrios: a Trinitat Nova e a Trinitat Vella. O tren do norte desapareceu en 1960 e un ano despois inaugurouse a prolongación da avenida Meridiana.

O último cambio urbanístico que sufriu o barrio foi a construción do Nus de la Trinitat (nó da Trinitat) en 1992, eixo e confluencia das roldas que rodean a cidade de Barcelona.

En 2009 comezaron as obras de derrubamento da prisión para realizar outros proxectos nesa zona, como novos equipamentos para o barrio.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!