O traballo reprodutivo ou traballo da reprodución refírese tanto ao traballo necesario para a reprodución humana realizada pola muller ao longo da historia (embarazo, parto ou lactación) como ao conxunto de atencións e coidados necesarios para o sustento da vida e a supervivencia humana: alimentación, coidados físicos e sanitarios, educación, relacións sociais, apoio afectivo e psicolóxico ou mantemento dos espazos e bens domésticos.[3][4][5][6]
Denomínase traballo reprodutivo para diferenciar do traballo produtivo dirixido a xerar bens e servizos. Fronte ao traballo produtivo, asalariado e recoñecido socialmente nas sociedades industrializadas, o traballo da reprodución non se recoñece nin económica nin socialmente.[7][8] As mudanzas sociais no ámbito produtivo e reprodutivo obrigan a repensar a tradicional e desigual distribución de cargas entre mulleres e homes ben como o recoñecemento social e económico do traballo reprodutivo.[9]
↑Escobar Meléndez, C.B.(2013). Unpaid Reproductive Labour: A Marxist Analysis, in Paul Zarembka (ed.) Contradictions: Finance, Greed, and Labor Unequally Paid (Research in Political Economy, Volume 28) Emerald Group Publishing Limited, ISBN 978-1-78190-670-5 pp.131 - 160.(en inglés)