Toni Ulmen

Modelo:BiografíaToni Ulmen
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Düsseldorfer Automobil- und Motorsport-Club 05 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Anton "Toni" Ulmen nado en Düsseldorf, Alemaña o 25 de xaneiro de 1906 e finado tamén en Düsseldorf, o 4 de novembro de 1976, foi un corredor de motos e piloto de carreiras alemán. A súa andaina comezou en 1925 nunha Velocette de 250 cc. En 1927 gañou a carreira de abertura de Nürburgring nunha Velocette 350cc. En 1929 gañou na clase de 350 cc en Eilenriede, un circuíto de carreiras non permanente preto de Hannover. De 1949 a 1952, foi catro veces campión alemán de coches deportivos e de Fórmula 2.

Traballador, home de negocios e corredor

Logo de saír da escola, Ulmen foi aprendiz de mecánico na Motorradwerkstatt Hasenclever. Cando terminou alí, fundou Gebrüder Ulmen, co seu irmán Andreas.[1] Converténdose nos representantes de Opel para Düsseldorf.

Foi en 1925 que Ulmen comezou a súa andaina nos deportes de motor, no Großen Deutschland-Rundfahrt nunha motocicleta Velocette de 250cc. Dous anos máis tarde montado nunha Velocette de 350 cc gañou o primeiro Eifelrennen, para lograr o Deutsche Tourist-Trophäe, a carreira inaugural disputada en Nürburgring. En 1929, gañou outra importante carreira alemá, a carreira de 350cc de Eilenridederennens en Hanover. En 1930, Ulmen era piloto oficial de NSU.

Logo da guerra

Logo da guerra, volveu ás carreiras de coches, logrando un segundo lugar na súa primeira carreira deportiva importante, a Karlsruhe-Durlach, nun BMW 328.[2] Un ano máis tarde, en 1947 foi galardoado co título de mellor piloto de autos deportivos alemáns do ano.

A tempada de 1949 viu a Ulmen gañar nove carreiras, incluíndo a Solituderennen [3] e a DMV Grenzlandringrennen.[4] Gañou carreiras en München, Nürburgring,[5] Sachsenring [6] e Kölner Kurs.[7] Tamén rexistrou sete segundos postos nesa tempada. En 1950 disputouse o primeiro Großer Preis von Deutschland logo da segunda guerra mundial, en Nürburgring, unha carreira de Fórmula 2 onde terminou cuarto no seu Veritas RS. Neste coche, tamén logrou un asombroso terceiro lugar no Preis der Ostechweiz-Erlen[8] En Suíza, vencérono só os pilotos da Scuderia Ferrari Luigi Villoresi e Roberto Vallone. Antes de 1950, había unha prohibición de participación dos coches e pilotos alemáns en carreiras estranxeiras, logo da guerra.[9] Retivo o seu título de campión alemán, gañouno por primeira vez en 1949.[10]

Con vitorias en Hockenheim,[11]]</ref> a subida a Schluinsland,[12] e Grenzlandring,[9] Ulmen foi o claro campión na clase 2-litros Sports Car.[10] Participou en dous Grandes Premios do campionato do mundo de 1952, debotou o 18 de maio de 1952, no Großer Pries der Schweiz,[13] pero retirouse debido a problemas no tanque de combustible. Volveu no Großer Preis von Deutschland, onde malia a súa desvantaxe de potencia do Veritas comparado cos seus rivais, terminou oitavo.[14] A tempada tamén viu a Ulmen gañar o DMV Grenalandringrennen outra vez.[15] Durante a tempada, sufriu un forte accidente durante unha sesión de práctica en Sachsenring[10] de onde escapou case ileso. Chegou á carreira final da tempada de 1952, en Avusrennen, como líder na clase de Fórmula 2 de 2 litros de coches deportivos. No AVUS, perdeu unha dramática batalla co piloto de Veritas, Fritz Rieß, na penúltima volta. Isto significou que ambos pilotos empataron en puntos, e de acordo coas regulacións da DMV, Rieß foi declarado campión, xa que clasificara mellor en Eifelrennen. Logo disto soamente competiu de cando en vez en carreiras de coches.[10]

Malia a súa retirada a principios de 1953, Ulmen púxose pronto, aínda que brevemente, detrás dun volante, compartindo un Jaguar D-Type con Herman Roosdorp para quedar no terceiro lugar na súa única carreira de resistencia de 24 horas, as 24 Horas de Spa Francorchamps de 1953.[16]

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

Tempada Series Posición Equipo Coche
1927 Deutsche Tourist-Trophäe Velocette
1946 Karlsruher Dreiecksrennen [17] Toni Ulmen BMW 328
1947 Stadtparkrenne Hamburg [18] Toni Ulmen BMW 328
Rund um Schotten [19] Toni Ulmen BMW 328
1949 Deutsche Meisterschaft [20] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Maipokalrennen [21] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Riemer Flugplatzrennen [22] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Großer Preis von Nürburgring [5] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
DMV Grenzlandringrennen [4] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Solituderennen [3] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Kölner Kurs [23] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Rund um Schotten [24] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Tübinger Stadtring-Rennen [25] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
1950 Deutsche Meisterschaft [26] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
Sachsenringrennen [27] ADAC Veritas-BMW RS Spezial
Internationales ADAC Eifelrennen [28] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
Preis der Ostschweiz-Erlen [8] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
Maipokalrennen [29] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Spezial
1951 Schauinsland Hillclimb [30] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großmutter
Internationales AvD AVUS-Rennen [31] Toni Ulmen Veritas Meteor
DMV Grenzlandringrennen [32] Toni Ulmen Veritas Meteor
Meisterschaft West Deutschlands [33] Toni Ulmen Veritas Meteor
1952 Meisterschaft West Deutschlands [34] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
DMV Grenzlandringrennen [15] Toni Ulmen Veritas-BMW RS
Internationales ADAC-Eifel-Rennen Nürburgring [35] Toni Ulmen Veritas-BMW RS Großmutter
24 Heures de Spa Francorchamps [36] Herman Roosdorp Jaguar C-Type

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1952 Toni Ulmen Veritas-Meteor Veritas
6 en liña
SUI
Ret
500 BEL FRA GBR ALE
8
NED ITA NC 0

Resultados completos nas 24 Horas de Spa

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1953 Bélxica Herman Roosdorp Bélxica Herman Roosdorp Jaguar C-Type S

Notas

  1. Autohaus Ulmen GmbH (18 de febreiro de 2015). "Historie - Autohaus Ulmen - Düsseldorf Ratingen Kevelaer Weilerswist Bilk Benrath NRW". www.ulmen.com. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. "Karlsruhe-Durlach [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Formula 2 1949 - Solituderennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Formula 2 1949 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 "Formula 2 1949 - GP der Nürburgring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  6. "Sachsenring [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  7. "Kölner Kurs [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  8. 8,0 8,1 "Formula 2 1950 - Erlen". formula2.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 March 2016. 
  9. 9,0 9,1 "Monthly Archives: January 2008". 2008. Consultado o 17 de maio de 2019. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "8W - When? - Forties & fifties German F2, F Libre and sportscar racing". FORIX. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  11. "Hockenheim [S2". Consultado o 17 de maio de 2019. 
  12. "Hillclimb Schauinsland". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  13. "Swiss GP, 1952 Race Report". grandprix.com. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  14. "German GP, 1952 Race Report". grandprix.com. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  15. 15,0 15,1 "Formula 2 1952 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  16. "Toni Ulmen". Historic Racing. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  17. "Voiurette 1946 - Karlsruhe". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  18. "Voiturette 1947 - Hamburg". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  19. "Voiturett 1947 - Rund um Schotten". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  20. "Formula 2 1949 - Championship Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  21. "Formula 2 1949 - Hockenheim, 08.05". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  22. "Formula 2 1949 - Riem". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  23. "Formula 2 1949 - Köln". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  24. "Formula 2 1949 - Schottenring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  25. "Formula 2 1949 - Tübingen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  26. "Formula 2 Germany 1950 standings". Driver Database. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  27. "Formula 2 1950 - Sachsenringrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  28. "Formula 2 1950 - Eifelrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  29. "Formula 2 1950 - Hockenheim". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  30. "Hillclimb Schauinsland". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  31. "Formula 2 1951 - Avusrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  32. "Formula 2 1951 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  33. "Formula 2 1951 - Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  34. "Formula 2 1952 - Final Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  35. "Eifelrennen Nürburgring - Sports 2000 cc". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  36. "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!