A tonalita é unha rocha ígneaplutónica composta de cuarzo e plaxioclasio, horneblenda e biotita. É unha rocha félsicafanerítica da serie ígnea subalcalina e ten un gran de intermedio a groso. Tamén contén ortoclasio mais en cantidades menores. Foi descrita por primeira vez no monte Adamello nos Alpes italianos e o seu nome deriva da poboación de Tonale, próxima ao sitio da súa primeira descrición. O plaxioclasio pode chegar a compoñer máis da metade da rocha.