Tom of Finland é un filme finlandés de 2017 dirixido por Dome Karukoski e escrito por Aleksi Bardy. Está protagonizado por Pekka Strang como Touko Laaksonen, máis coñecido como Tom de Finlandia, un artista finlandés homoerótico.[6]
Tom of Finland estreouse o 27 de xaneiro de 2017 no Festival de Cinema de Gotemburgo, e o 24 de febreiro de 2017 nos cinemas de Finlandia.[3] Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[7][8]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas