«Tiro ao Álvaro»; (en galego: «Tiro contra Álvaro») é unha canción composta polo cantautor brasileiro Adoniran Barbosa e o xornalista Osvaldo Moles. Interpretada, en versións distintas, por Barbosa e Elis Regina. Noutras versións, foi interpretada por Demônios da Garoa, Diogo Nogueira; Zélia Duncan e Péricles.[1][2]
Contexto
O título da canción fai referencia ao deporte do tiro, que no Brasil se chama "tiro ao alvo". Durante a ditadura militar, un opositor do réxime foi chamado "alvo" (obxectivo). Barbosa,[3][4] esperando non ser censurado, cambiou o termo polo nome común Álvaro, que ten unha perfecta asonancia con “alvo”.
En 1973, produciuse un intento de publicación, pero non tivo éxito ata 1980 coa versión realizada por Elis Regina.[5][6]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Assis, Angelo (2009). As 100 Maiores Músicas Brasileiras - "Tiro ao Álvaro". Brasil: Rolling Stone Brasil, Spring.