Un tipo lítico é unha peza labrada en pedra que axunta un conxunto de trazos característicos que definen un modelo ou patrón de artefacto de pedra e que se repite dentro da industria lítica prehistórica. A definición dos trazos pode facerse seguindo criterios morfolóxicos, tecnolóxicos ou funcionais. Un tipo pode ser o exemplar ideal de artefacto, o que reúna todos os caracteres esenciais dos demais individuos de igual natureza, pero tamén pode ser un patrón característico, non perfecto pero si un exemplar medio.
A clasificación dos diferentes tipos líticos faise mediante a disciplina coñecida como tipoloxía lítica.