Este artigo amosa letras tifinagh. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Tindouf (en bérber: ⵜⵉⵏⴷⵓⴼ, Tinduf; en árabe: تندوف) é unha cidade de Alxeria que se atopa na provincia de Tinduf, a 1460 quilómetros ó suroeste de Alxer. En 2010, a súa poboación era de 47 965 habitantes, ós cales se suman 90 000 refuxiados procedentes do Sáhara Occidental.
Xeografía
Localízase xeograficamente no extremo suroeste de Alxeria, limitando con Marrocos polo oeste, o territorio non autónomo do Sáhara Occidental polo suroeste e Mauritania polo sur. Preto deste lugar atópanse os campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental.
Linguas
A lingua oficial é o árabe, que comparte a súa importancia histórica, cultural e comercial co francés. Ademais, preto de 2000 refuxiados saharauís son castelanfalantes bilingües.[1]