Theodoros Katsanevas (en grego: Θεόδωρος Κατσανέβας), nado en Atenas o 13 de marzo de 1947 e finado en 2021, foi un políticogrego. Foi presidente da "Organización grega para o emprego de man de obra" (Οργανισός Απασχόλησης Εργατικού Δυναμικού , OAED) desde 1981 até 1985 e do Instituto de Seguridade Social (Ίδρυμα Κοινωνικών Ασφαλίσεων, IKA) desde 1985 até 1989. Tamén foi deputado polo PASOK (Movemento Socialista Panhelénico) desde 1989 até 2004[1].
En 1981, foi un dos redactores do programa de goberno de Andreas Papandreu e foi nomeado á organización estatal do emprego, a Organización grega para o emprego de man de obra. A continuación, pasa ao "Instituto de Seguridade Social" en 1985. En 1989, foi elixido no segundo distrito de Atenas polo PASOK , do cal foi representante até o 2004. Nese ano, el e outros oito deputados foron excluídos oficialmente de candidaturas por parte do propio partido[2].
O fundador do PASOK, Andreas Papandreu, sogro de Katsanevas, cunha nota no seu testamento aberto en setembro de 1996, chamouno "a vergoña da familia"[3][4][5].
En 1998, o xornalista Spyros Karatzaferis publicou no xornal Athinaiki (Αθηναϊκή) unha foto de Katsanevas coa lenda "vergoña" (Όνειδος, òneidos). Por esta razón, en 2003, Karatzaferis foi declarado culpable de difamación por un tribunal ateniense e condenado a unha compensación de 10 millóns de dracmas (uns 30.000 euros)[1][6].
O 1 de maio de 2013 , fundou un novo movemento, Dracma - Movemento Democrático Grego Cinco Estrelas (ΔΡΑΧΜΗ, Ελληνική Δημοκρατική Κίνηση Πέντε Αστέρων), que se inspira no italiano Movemento 5 Estrelas.[7][8]
En 2014, unha historia similar á de 1998, Katsanevas pediu unha indemnización de 200 000 euros e unha pena dun ano de prisión para un administrador de Wikipedia en grego, acusándoo de non eliminar partes de textos difamatorios[1].