The War on Drugs é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Filadelfia (Pensilvania) e formado no ano 2005. O grupo está composto por Adam Granduciel (voces, guitarra), David Hartley (baixo), Robbie Bennett (teclados), Charlie Hall (batería), Jon Natchez (saxofón) e Anthony LaMarca (guitarra).
Fundada por Granduciel e Kurt Vile, The War on Drugs publicou o seu álbum de estrea, Wagonwheel Blues, en 2008. Vile marchou pouco despois para centrarse na súa carreira en solitario. O segundo traballo, Slave Ambient, editouse en 2011 coa aclamación da crítica e unha extensa xira de presentación.
Composo e gravado tras esa xira e un período de soidade e depresión de Granduciel, o terceiro disco da banda, Lost in the Dream, foi lanzado no ano 2014 cunha gran aclamación da crítica e aumentando a súa exposición ao público. O anterior colaborador Charlie Hall uniuse ao grupo como batería no proceso de gravación, co saxofonista Jon Natchez e o guitarrista Anthony LaMarca acompañando á banda na súa xira mundial.
Discografía
Álbums de estudio
EPs
Véxase tamén
Ligazóns externas