The Walking Dead é unha serie de televisión americana creada por Frank Darabont. Está baseada na serie de banda deseñada homónima The Walking Dead de Robert Kirkman, Tony Moore e Charlie Adlard. A serie está protagonizada por Andrew Lincoln que interpreta o papel de Rick Grimes[2], un policía da oficina do shériff que esperta dun coma e descobre que o mundo está dominado por zombis. El sae en busca da súa familia e atopa moitos outros superviventes ao longo do camiño.
A estrea de The Walking Dead realizouse o 31 de outubro de 2010 na canle de televisión por cable AMC dos Estados Unidos.[3] A estrea internacional fíxose a primeira semana de novembro de 2010 a través da Fox International Channels.[4] Baseándose na súa boa acollida, AMC renovou a serie para facer unha segunda temporada de 13 episodios, que se estreou o 16 de outubro de 2011.[5][6] Tras dous episodios da segunda temporada, AMC anuncio que a serie tería unha terceira temporada, que comezaría o 14 de outubro de 2012.[7] O 21 de decembro de 2012, AMC renovou The Walking Dead para unha cuarta temporada.[8]
A serie foi ben recibida[9] e tivo numerosos nomeamentos a premios, incluíndo un nomeamento ó Writers Guild of America Award e outro ó Globo de Ouro á Mellor serie dramática de televisión.[10][11] A serie tivo tamén uns índices de audiencia altos, batendo varios rexistros das series por cable, como ter unha audiencia de 10,9 millóns de espectadores na estrea da terceira temporada e converterse na serie dramática por cable máis vista da historia.[12]
Sinopse
The Walking Dead conta a historia dun pequeno fatado de sobreviventes a unha apocalipse zombi.[13] A primeira temporada tiña lugar na súa maior parte na área metropolitana de Atlanta, e da segunda á cuarta na zona rural do norte de Xeorxia, na que o grupo anda á procura dun lugar seguro no que refuxiarse das hordas de "camiñantes" (como se denomina na serie aos zombis) depredadores, que devorar calquera cousa viva que collan, e que infectan os humanos cando os traban. A trama céntrase principalmetne nos dilemas que o grupo enfronta na súa loita por manter a súa humanidade no medio dos cambios que día a día acontecen nun mundo hostil.
Notas
- ↑ Seibert, Perry. "The Walking Dead [TV Series]". Allmovie. Consultado o 21 de novembro de 2012.
- ↑ "rick grimes". AMCtv.com. Consultado o 29 de marzo de 2012.
a small-town sheriff's deputy
- ↑ "The Walking Dead Premieres Halloween; Comic-Con Trailer Now Online". AMCtv.com. 24 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010.
- ↑ "FOX International Channels (FIC) and AMC Announce a Global Launch for the Highly Anticipated TV Drama Series, The Walking Dead". Fox International Channels. 24 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2011.
- ↑ "AMC Resurrects "The Walking Dead" for a Second Season". AMC. 8 de novembro de 2010. Consultado o 8 de novembro de 2010.
- ↑ Webb Mitovich, Matt (22 de xullo de 2011). "The Walking Dead Reveals Season 2 Premiere Date, Creepy-Good New Trailer". TVLine. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2011.
- ↑ "'The Walking Dead' Renewed For A Third Season By AMC". TV by the Numbers. 25 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2011.
- ↑ Harnick, Chris (21 de decembro de 2012). "'The Walking Dead' Season 4: AMC, Glen Mazzara Part Ways For New Season". The Huffington Post. Consultado o 21 de decembro de 2012.
- ↑ "The Walking Dead: Season 1". Metacritic. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ Reiher, Andrea (14 de decembro de 2010). "2011 Golden Globes nominations: 'Glee,' '30 Rock' lead TV nominations". Zap2it. Consultado o 14 de decembro de 2010.
- ↑ "AMC Garners Six WGA Award Nominations for Acclaimed Original Dramas "Mad Men," "Breaking Bad" and "The Walking Dead"". AMC. 8 de decembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ Hibberd, James (15 de outubro de 2012). "'Walking Dead' premiere gets fall's biggest rating". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2012.
- ↑ Miska, Brad (5 de xullo de 2010). "Breaking Bad Director Michelle MacLaren Talks The Walking Dead". Dread Central. Consultado o 15 de xullo de 2010.
Véxase tamén
Ligazóns externas