The Virgin Suicides é un filme estadounidense escrito e dirixido por Sofia Coppola que se estreou en 1999. É un drama baseada na novela homónima de Jeffrey Eugenides, que conta a historia do suicidio das cinco irmás Lisbon nun barrio residencial de Detroit durante os anos setenta.
Sinopse
Corren os anos setenta. Nun tranquilo barrio dunha cidade de Estados Unidos vive a familia Lisbon, dous autoritarios e restritivos pais con cinco fermosas fillas que acenden os desexos de tódolos rapaces da zona. Porén, toda a inocencia, a beleza e a harmonía do lugar estoupa en anacos cando comeza unha traxedia, semellante a unha maldición, que marcará a vida non só da familia, senón tamén dos rapaces que naqueles anos devecían cos seus cabelos loiros e as súas olladas turbadoras.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas