The Twilight Saga: New Moon é un filme fantástico estadounidense dirixido por Chris Weitz que se estreou no 2009. Baséase na novela New Moon de Stephenie Meyer e é secuela de Twilight. Está protagonizado por Kristen Stewart, Robert Pattinson, Taylor Lautner e Ashley Greene, que dan vida respectivamente a Bella Swan, Edward Cullen, Jacob Black e Alice Cullen con guión de Melissa Rosenberg.
A rodaxe comezou en marzo de 2009 en Vancouver e en maio o equipo moveuse a Montepulciano (Italia) para proseguir a rodaxe.
Sinopse
Edward Cullen (Robert Pattinson) decide abandonar a Bella Swan (Kristen Stewart) para mantela afastada dos perigos do mundo dos vampiros. Coa axuda de Jacob Black (Taylor Lautner), o seu amigo da infancia e membro da misteriosa tribo quileute, Bella intentará superar o abandono de Edward, que a deixou sumida no maior dos desconsolos. Pero os perigos seguen perseguindo á rapaza, e Bella só contará co apoio do cada vez máis achegado Jacob. Repentinamente, Bella atópase inmersa no mundo dos lobishome, ancestrais inimigos dos vampiros.
Personaxes
- Principais
- Secundarios
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas