The Royal Treatment é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Rick Jacobson e escrito por Holly Hester. Está protagonizado por Laura Marano no papel de Izzy, quen consegue unha oportunidade para traballar na voda do príncipe Thomas, interpretado por Mena Massoud.
Despois da súa estrea o 20 de xaneiro de 2022 en Netflix, The Royal Treatment converteuse no filme máis visto da semana no servizo de streaming e permaneceu no número 1 global de Netflix por dúas semanas. Porén, recibiu valoracións dispares por parte da crítica. A maioría do elenco é de Nova Zelandia, país onde se rodou o filme.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas