The Informer (novela)

The Informer
Título orixinalThe Informer
Autor/aLiam O'Flaherty
OrixeIrlanda Irlanda
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Data de pub.1925
editar datos en Wikidata ]

The Informer (en lingua galega O Delator) é unha novela obra do escritor irlandés Liam O'Flaherty, que foi publicada por vez primeira en 1925.

Argumento

Está ambientada no Dublín de 1920 en plena Guerra Civil Irlandesa. Gypo Nolan desvela o paradeiro do seu amigo Frankie McPhillip para cobrar unha recompensa na policía. Por ese motivo, Gypo é perseguido polos seus camaradas revolucionarios para xulgalo pola súa traizón.

Personaxes

  • Gypo Nolan: O delator.
  • Frankie McPhillip: Amigo de Gypo. É buscado pola policía por asasinato. Será delatado polo seu amigo.
  • Dan Gallagher: Comandante da organización revolucionaria.
  • Bartley Mulholland: Tenente da organización revolucionaria.
  • Katie Fox: Amante de Gypo.
  • Mary McPhillip: Irmá máis nova de Jack McPhillip.
  • Peter "Rat" Mulligan.
  • Connemara Maggie.

Adaptacións

A novela foi adaptada no filme O delator de John Ford en 1935, con Victor McLaglen como Gypo Nolan. En 1929, Arthur Robison dirixira unha adaptación previa.[1]

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!