The Getaway (álbum de Red Hot Chili Peppers)

The Getaway
Álbum de Red Hot Chili Peppers
Publicado17 de xuño de 2016
Gravaciónxaneiro–febreiro de 2015; outubro de 2015 – marzo de 2016
Duración53:50
Xénero(s)Funk rock,[1] rock alternativo,[2] pop rock[3]
Selo(s)Warner Bros.
ProdutorDanger Mouse
Cronoloxía
I'm With You (2011) The Getaway Unlimited Love (2022)
Na rede
http://redhotchilipeppers.com/
Spotify: 43otFXrY0bgaq5fB3GrZj6 Discogs: 1015499 Allmusic: mw0002943908 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Getaway é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock Red Hot Chili Peppers, lanzado por Warner Bros. o 17 de xuño de 2016.[4] É o primeiro álbum de estudio do grupo dende I'm with You en 2011, e foi producido por Danger Mouse, quen substituíu a Rick Rubin logo de 25 anos e seis álbums como produtor da banda. É o segundo é último álbum da banda co guitarrista Josh Klinghoffer, antes do regreso de John Frusciante en 2019.

The Getaway fixo o seu debut como número un en dez países diferentes, acadando o segundo posto nas listas dos Estados Unidos de América, do Reino Unido e do Canadá. O álbum recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

O lanzamento do álbum foi precedido polo seu primeiro sinxelo, "Dark Necessities", o 5 de maio de 2016.[5] "Go Robot" estreouse como segundo sinxelo o 8 de setembro de 2016, acadando o posto 12 na lista Alternative Songs Chart, mentres que "Sick Love" estreouse como terceiro sinxelo o 4 de decembro de 2016; porén, non conseguiu entrar nas listas de éxitos. "Goodbye Angels" estreouse como cuarto e último sinxelo do álbum o 4 de abril de 2017. A canción que dá nome ó álbum emitiuse na radio do Reino Unido malia non ter sido lanzada como sinxelo oficial.

Notas

  1. Gibsone, Harriet (16 de xuño de 2016). "Red Hot Chili Peppers: The Getaway review – a mournful, streamlined return". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de decembro de 2016. 
  2. "The Red Hot Chili Peppers try again to adjust to new guitarist on 11th project – The Daily Texan". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  3. Hudson, Alex (21 de xuño de 2016). "Red Hot Chili Peppers – The Getaway". Exclaim!. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  4. "Red Hot Chili Peppers FanSite | English Red Hot Chili Peppers FanSite". RHCP.us. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 5 de maio de 2016. 
  5. "The Getaway – RHCP News". Redhotchilipeppers.com. 28 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 5 de maio de 2016. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!