The Dismemberment Plan foi unha banda de indie rock estadounidense baseada en Washington, D.C. formada o 1 de xaneiro de 1993. Tamén coñecida como D-Plan ou The Plan, o nome deriva dunha frase da industria usada polo vendedor de seguros Ned Ryerson na popular comedia Atrapado no tempo.[1] Os seus membros son Eric Axelson (baixo), Jason Caddell (guitarra), Joe Easley (batería), e Travis Morrison (voces e guitarra). Axelson, Caddell, Morrison e o batería orixinal Steve Cummings formaron a banda na universidade, tras coñecerse mentres asistían a distintos institutos do norte de Virxinia (Axelson, Cummings, e Morrison ían ao Lake Braddock Secondary School en Burke, Virxinia). Cummings deixou o grupo tras gravar o seu álbum de estrea e foi substituído por Easley, cementando a formación do grupo.
The Dismemberment Plan lanzou catro álbums de estudio antes de separarse en 2003, sendo considerado o mellor deles o aclamado Emergency & I de 1999. A banda reuniuse a principios de 2011, xirando polos Estados Unidos e o Xapón e lanzando un álbum ao vivo. Posteriormente lanzaron un novo álbum en outubro de 2013, Uncanney Valley.
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas