The Dictator é un filme estadounidense dirixido por Larry Charles que se estreou no 2012. Está producido, guionizado e protagonizado polo actor británico Sacha Baron Cohen.
Sinopse
O Xeneral Almirante Haffaz Aladeen (Sacha Baron Cohen) é un ditador capaz de arriscar a súa vida para impedir que a democracia se estableza no país ó que oprime. Rico en petróleo e bastante illado, o estado norteafricano de Wadiya leva sendo gobernado polo anti-occidental Aladeen dende que este tiña seis anos, cando foi nomeado Líder Supremo trala desafortunada morte do seu pai. Dende que accedeu ó poder absoluto, o conselleiro de máis confianza de Aladeen é o seu tío Tamir (Ben Kingsley), quen exerce de Xefe da Policía Secreta, Xefe de Seguridade e Provedor de Mulleres. Para desgraza para Aladeen e os seus conselleiros, Occidente comezou a meter os fociños nos asuntos de Wadiya, e Tamir convence a Aladeen de que vaia a Nova York a solucionar a cuestión.
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas