The Devil's Own é un filme estadounidense de 1997 dirixido por Alan J. Pakula, sendo o seu último filme como director, quen morreu o ano seguinte. Está protagonizado por Harrison Ford, Brad Pitt, Rubén Blades, Natascha McElhone, Julia Stiles, Margaret Colin e Treat Williams. A fotografía é obra de Gordon Willis, quen se retirou pouco despois. O filme foi escrito por Vincent Patrick, David Aaron Cohen e Kevin Jarre. O argumento conta a historia dun membro do Provisional Irish Republican Army (Pitt) que vai ós Estados Unidos para obter mísiles antiaéreos de contrabando para loitar contra helicópteros británicos en Irlanda do Norte. O plan complícase por un policía irlandés-estadounidense (Ford) quen acolleu sen sabelo ó membro do IRA dentro da súa familia.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas