The Dead Milkmen é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1983 en Filadelfia, Pensilvania. A súa formación orixinal consistía no vocalista e teclista Rodney Linderman ("Rodney Anonymous"), o guitarrista e vocalista Joe Genaro ("Joe Jack Talcum"), o baixista Dave Schulthise ("Dave Blood") e o batería Dean Sabatino ("Dean Clean").
A banda distinguiuse na escena hardcore punk de principios dos 80 polo seu son punk jangly e o seu humor sardónico entregado cun forte acento de Filadelfia. O grupo chamou a atención das emisoras de radio universitarias co seu álbum de estrea de 1985, Big Lizard in My Backyard, e co tema "Bitchin' Camaro". Longas xiras e máis lanzamentos axudaron á banda a conseguir máis seguidores no underground.
The Dead Milkmen conseguiu éxito internacional coa canción "Punk Rock Girl", un sinxeo do seuálbum de 1988 Beelzebubba que foi emitido regularmente na MTV.[1] Despois dunha temporada desafortunada co selo Hollywood Records, de problemas de saúde e frustracións coa industria a raíz do seu éxito a banda separouse en 1995.
O grupo reuniuse en 2008, con Dan Stevens substituíndo ao falecido Dave Schulthise. En 2011 publicaron The King in Yellow, o seu primeiro álbum de estudio en 16 anos.[2] Dende entón a banda realiza xiras esporadicamente e publica novo material de cando en vez.[3]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas