The Danish Girl é un filme británico-estadounidense dirixido por Tom Hooper que se estreou no 2015. Baséase na novela de 2000 The Danish Girl de David Ebershoff e vagamente inspirada na vida dos pintores dinamarqueses Lili Elbe e Gerda Wegener.[3] Está protagonizado por Eddie Redmayne, que interpreta a Lili Elbe, unha das primeiras persoas en someterse a cirurxía de reasignación de sexo, por Alicia Vikander como Gerda Wegener, Matthias Schoenaerts como Hans Axgil e Ben Whishaw como Henrik.
Polo seu papel coma Gerda, Vikander gañou o premio Oscar á mellor actriz secundaria en 2016.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas