The 5,6,7,8's |
---|
Concerto en Lille, maio de 2004 |
Orixe | Toquio, Xapón |
---|
Período | 1986 - actualidade |
---|
Xénero(s) | garage punk garage rock, surf rock, rockabilly |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Rockville, SFT, Au-Go-Go, Bomba, Hara, Third Man Records |
---|
Membros |
- Yoshiko Fujiyama
- Sachiko Fujii
- Akiko Omo
- Yoshiko Yamaguchi
|
---|
Na rede |
---|
Páxina oficial |
|
The 5.6.7.8’s é un trío de mulleres xaponesas que tocan Garage rock, e a súa música ten reminiscencias da música surf americana. Todos os membro do grupo son de Toquio, no Xapón. O grupo chámase así porque elas tocan música con reminiscencias do rock dos anos 50, 60, 70 e 80. Frecuentemente interpretan cancións do rock and roll americano.
The 5.6.7.8’s comezaron actuando como un cuarteto en Tokío e foron recrutando moitos intérpretes invitados durante a súa xira por Australia, onde incluso recrutaron a un membro home, "Eddie". Convertéronse oficialmente nun trío en 1992.
The 5.6.7.8’s fixeron unha breve aparición no filme de 2003 de Quentin Tarantino "Kill Bill Volume 1", onde se lles ve tocando descalzas nunha izakaya.
Membros
The 5.6.7.8’s foi formada en 1986 por Sachiko e Yoshiko “Ronnie” Fujiyama, dúas irmás de Toquio que compartían a paixón polo rock and roll e outros dous membros. Orixinalmente, a banda consistía en Yoshiko como cantante e guitarra, "Rico" na segunda guitarra, "Yoshie" no baixo e Sachiko na batería. Despois de varios cambios na formación (incluíndo o baixista Yoshiko Yamaguchi, quen aparece no filme "Kill Bill"), a banda converteuse nun trío trala saída de Rico e Yoshie. Yoshiko e Sachiko son aínda os principais compoñentes da banda, e agora Akiko Omo reincorporase a banda como baixista (orixinalmente uniuse a The 5.6.7.8’s a principios de 1990).
Aínda que o grupo canta a maioría das súas canción en xaponés, fan moitas versións de cancións de rock and roll americano. Porén, a súa páxina oficial e a maioría das páxinas de fans son en xaponés, xa que teñen un gran número de seguidores no Xapón e teñen incontables concertos no seu país de orixe.
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Compilacións | |
---|
Singles | |
---|