Un tetraedro[1] (do grego τέτταρες 'catro' e ἕδρα 'asento, base de apoio') é un poliedro de catro caras. Con este número de caras ten que ser un poliedro convexo, e as súas caras triangulares, atopándose tres delas en cada vértice. Se as catro caras do tetraedro son triángulos equiláteros, iguais entre si, o tetraedro denomínase regular. O tetraedro é o símplex tridimensional.
Doutra maneira, un tetraedro é unha pirámide de base triangular.[2]
Propiedades xeométricas
En todo tetraedro, sexa ou no regular, verifícase que:
Os segmentos que unen os puntos medios dos tres pares de arestas opostas son concorrentes nun punto, que os divide pola súa metade.
Os segmentos que unen cada vértice cos puntos de intersección das medianas da súa cara oposta son tamén concorrentes nun punto, que os divide separando tres cuartas partes do lado do vértice respectivo (teorema de Commandino).
Os seis planos perpendiculares ás arestas polos seus puntos medios pasan por un mesmo punto, centro da esfera circunscrita ao tetraedro.
As rectas perpendiculares ás caras polo seu circuncentro son concorrentes nun punto, centro da esfera circunscrita ao tetraedro.
Os planos bisectores dos diedros interiores dun tetraedro concorren nun punto equidistante das catro caras, centro da esfera inscrita ao tetraedro.
Propiedades métricas
Volume
Existe unha fórmula xeral para calcular o volume dun tetraedro OABC, onde O coincide coa orixe de coordenadas, sexa ou non regular, en función das coordenadas cartesianas (x, y, z) de tres dos seus vértices A, BC:
Esta fórmula tamén se pode escribir en termos das coordenadas cartesianas dos catro vértices ; o volume dun tetraedro (regular ou non) vén dado pola seguinte fórmula:
Outra fórmula, que pode obterse da anterior, permite calcular o volume dun tetraedro, regular ou irregular, coñecendo a lonxitude de dúas arestas opostas e , a distancia e a ángulo entre elas:
Outro caso: coñécense as áreas de dúas caras dun tetraedro, a lonxitude da aresta común, o ángulo diedro entre elas. Entón o volume é
Un tetraedro (non necesariamente regular) defínese en ℝ3 coñecendo as coordenadas dos seus catro vértices, por exemplo . Calquera das súas catro caras defínese polo triángulo formado polos tres vértices da mesma; cada unha das caras define un plano (plano por tres puntos) base da altura que forma co vértice oposto, sendo ese vértice oposto o punto restante que non se empregou cando se definiu a cara.
Pódese imaxinar un tetraedro pensando en que a súa base está definida polo triángulo formado por tres vértices calquera do mesmo aos que se chamará e e que existe un vértice oposto a esa base ao que se chamará .
Para calcular a altura que forma un vértice oposto calquera coa súa cara base só hai que pór os valores dese vértice oposto en e despois pór os valores dos tres vértices da cara oposta ao mesmo en e , logo aplicalos na fórmula seguinte:
Para coñecer as catro alturas do tetraedro basta con ir rotando as coordenadas dos seus vértices. Esta fórmula non require que o tetraedro sexa regular, senón que é válida para calquera tetraedro non dexenerado.
Tetraedro regular
É un poliedro formado por catro caras que son triángulos equiláteros, e catro vértices en cada un dos cales concorren tres caras. é un dos cinco poliedros chamados sólidos platónicos. Ademais é un dos oito poliedros convexos denominados deltaedros. Aplicando a nomenclatura estándar dos sólidos de Johnson pode denominarse pirámide triangular.
Para a escola pitagórica o tetraedro representaba o elemento lume, posto que pensaban que as partículas (átomos) do lume tiñan esta forma.
Cálculo de dimensións fundamentais
Exclusivamente a partir da aresta a pódense calcular o resto das dimensións fundamentais dun tetraedro regular. Así, para as esferas singulares do tetraedro:
RaioR da esfera circunscrita ao tetraedro (a que contén na súa superficie os catro vértices do mesmo):
Raio r da esfera inscrita ao tetraedro (tanxente ás catro caras do tetraedro):
Raio ρ da esfera tanxente ás seis arestas do tetraedro:
Nun tetraedro regular cada parella de arestas opostas (as que non concorren nun mesmo vértice) son ortogonais entre si, sendo a mínima distancia entre elas o segmento que une os seus puntos medios, de lonxitude dobre ao raio ρ da esfera tanxente ás arestas do tetraedro.
A alturaH do tetraedro (apoiado de maneira estable sobre un plano horizontal, distancia perpendicular dende o plano de apoio ao vértice oposto):
Volume, área e desenvolvemento
Dado un tetraedro regular de aresta a, pódese calcular o seu volumeV mediante a fórmula:
E a área total das súas caras A (que é 4 veces a área dunha delas, Ac), mediante:
Ángulos
Os ángulos planos que forman as arestas concorrentes son, como no resto dos sólidos platónicos, todos iguais e cun valor de 60º (π/3 rad), ao constituír os ángulos interiores dun triángulo equilátero.
Os ángulos diedros que forman as caras son, como no resto dos sólidos platónicos, todos iguais, e poden calcularse:
Os ángulos sólidos que forman os vértices son, como no resto dos sólidos platónicos, todos iguais, e poden calcularse: