É o único membro do xéneroTetracerus e o único bóvido de catro cornos. Distribúese amplamente, pero en poboacións descontinuas, na maior parte da India, desde os contrafortes do Himalaia; algúns individuos poden vivir no Nepal.[3]
Características
Tetracerus quadricornis mide de 80 a 110 cm de lonxitude de cabeza e tronco, máis unha cola de 10 a 15 cm; a súa altura na cruz é de 55 a 65 cm, e pesa entre 15 e 25 kg.
O pelo é curto e delgado, de coloración xeral parda; a parte interior das patas e a zona ventral son de cor branca. Os machos son de cor parda avermellada polas partes superiores, e teñen unha banda escura que se estende cara a abaixo na parte frontal de cada pata; os máis vellos son de cor amareleada. As femias xeralmente son de cor algo máis agrisada.
Só os machos teñen cornos: un par de pequenos cornos rectos en forma de puga detrás dos ollos e un segundo par de cornos máis pequenos enriba deles.[4] O par posterior mide de 80 a 100 mm de lonxitude, e o frontal de 25 a 38 mm.
Bioloxía
O hábitat e a ecoloxía da especie non son ben coñecidos. Encóntranse en outeiros ben arborados ou en zonas montañosas, e nunca lonxe da auga.[3]
Comportamento
É unha especie solitaria,[3] e rara vez se encontran máis de dous exemplares xuntos. Estes animais son sedentarios e viven na mesma rexión durante toda a súa vida. Poden ser facilmente domesticados cando son novos, pero resultan extremadamente delicados en cativerio.
Alimentación
Aliméntanse de ramas de árbores e arbustos, froitos e herbas.[3]
Reprodución
O machos poden seren extremadamente agresivos entre si durante o período de celo. O apareamento ten lugar durante a temporada de chuvias, de xullo a setembro. Polo xeral nacen unha ou dúas crías por parto, cun peso medio de ao redor de 1 kg cada unha.
Lonxevidade
o antílope de catro cornos pode vivir en catividade até os 10 anos de idade.
Depredadores
A especie é cazada por cuóns, tigres, gatos pequenos, lobos e leopardos. Crese que o seu método defensivo é a atenta vixilancia e a súa velocidade.
A súa única especie fora descrita por primeira vez en 1816 polo naturalistafrancésHenri Marie Ducrotay de Blainville, baixo o nome de Cerophorus quadricornis, na súa obra "Sur plusieurs espèces d'animaux mammifères, de l'ordre des ruminans", publicada no Bulletin des Sciences, par la Société Philomathique de Paris8: 73-82.[6]
Máis tarde foi reclasificada no xénero Tetracerus, resultando así o redundante nome, en grego e en latín, que ten hoxe, Tetraceus quadricornis:
Tetracerus, do elemento grego τετρα- tetra-, "de catro", e κέρας kéras, "corno";
quadricornis, dos elementos latinos quadri- "de catro", e -cornis, de cornu, -us, "corno".
Poboación e status
A poboación estimábase en 2001 en menos de 10.000 individuos maduros.[7] Debido á perda de hábitat de bosque, hai un continuo descenso da poboación, estimándose que ningunha subpoboación contén máis de 1.000 individuos maduros.
A principal amenaza para a especie é a destrución do seu hábitat debido á eliminación de matogueiras e bosques para conseguir terreos para a agricultura. Porén, a especie encóntrase en moitas áreas protexidas na India, e a especie está totalmente protexida pola lei de protección da vida silvestre. Está na lista do Apéndice III do CITES (só no Nepal).[8]
A situación da especie está clasificada pola UICN como de VU (especie vilnerábel).[8]
↑ 3,03,13,23,3Rahmani, A. R. (2001): "India". En: D. P. Mallon & S. C. Kingswood (eds.), Antelopes. Part 4: North Africa, the Middle East, and Asia. Global Survey and Regional Action Plans, pp. 178-187. Gland, Suíza: UICN.
↑Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos II. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X, p. 706.
↑Mallon, D. P. & S. C. Kingswood, eds. (2001): Antelopes. Part 4: North Africa, the Middle East, and Asia. Global Survey and Rgeional Action Plans, pp. 178-187. Gland, Suíza: UICN.
Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.