Testemuña única (en inglés: Witness) é un filme estadounidense de 1985, do xénero do suspense, dirixido por Peter Weir. Foi gañador de dous Premios Óscar e dez premios internacionais máis.
Foi emitido na TVG o 16 de decembro de 1988.[2]
Sinopse
Rachel Lapp (Kelly McGillis) é unha muller da comunidade amish en Pensilvania. Xunto co seu cativo Samuel (Lukas Haas) realiza unha viaxe en tren para visitar a unha parente. Cando van facer un transbordo, o neno é testemuña dun asasinato. O inspector de policía John Book (Harrison Ford) investiga o caso e chega á conclusión de que o cativo é a única testemuña, e polo tanto, decisivo no xuízo. Mais os criminais que están detrás do asasinato tamén o saben, e intentan matar ao neno e ao inspector.
Galardóns
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas