Terminator Genisys é un filme estadounidense de 2015 de acción e ciencia ficción,[4] dirixido por Alan Taylor, e escrito por Laeta Kalogridis e Patrick Lussier. O filme é o quinto da franquía Terminator, e retoma a historia básica do filme orixinal orientándoo cara a outra dirección.[5] Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, quen retoma o papel de Terminator (logo da súa ausencia en Terminator Salvation de 2009), xunto con Jason Clarke, Emilia Clarke, Jai Courtney, J. K. Simmons, Dayo Okeniyi, Matt Smith, Courtney B. Vance e Lee Byung-hun. Conta a historia de Kyle Reese, un soldado dunha guerra postapocalíptica contra Skynet, que é enviado dende o ano 2029 até 1984 para evitar a morte de Sarah Connor. Cando Kyle chega ao pasado, descobre que a liña temporal foi alteraa e que Sarah foi criada por un Terminator reprogramado.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas