Tempestade tropical Marco (2008)

Tempestade tropical Marco a piques de acadar a súa máxima intensidade.

A tempestade tropical Marco foi o décimo terceiro ciclón tropical que se formou durante a temporada de furacáns de 2008 no Atlántico. Bateu o récord de ciclón máis pequeno xamais coñecido. Marco creouse a partir dunha ampla área de baixa presión no noroeste do Mar do Caribe a finais de setembro de 2008. Por mor desta área de baixa presión, formouse un pequeno centro de circulación de baixo nivel sobre Belize influído por unha onda tropical.

Despois de atravesar o sur da península do Iucatán o día 6 de outubro, a baixa foi chamada Depresión tropical décimo terceira (Tropical Depression Thirteen). A depresión axiña se intensificou converténdose na tempestade tropical Marco o día seguinte. Marco acadou a súa máxima intensidade o 7 de outubro con refachos de 100 km/h. Nese intre, a tempestade tropical estendíase ó longo de 18,5 km de radio dende o centro da tempestade, converténdose no ciclón tropical máis pequeno xamais rexistrado.[1][2] Ás 12:00 UTC, Marco recalaba preto de Misantla (Veracruz). A tempestade debilitouse rapidamente despois de tocar terra firme, disipándose máis tarde. O balance global de danos foi mínimo debido ás pequenas dimensións da tempestade. Porén, produciu fortes choivas que provocaron inundacións de até 3 m de profundidade que asolagaron autoestradas e danaron casas.

Notas

  1. Neal Dorst (29 de maio de 2009). National Hurricane Center, ed. "Subject: E5) Which are the largest and smallest tropical cyclones on record?". Consultado o 29 de maio de 2009. 
  2. James L. Franklin (4 de novembro de 2008). National Hurricane Center, ed. "Tropical Storm Marco Tropical Cyclone Report" (PDF). Consultado o 23 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!