Tempada 1907/08 do Deportivo da Sala Calvet

Deportivo da Coruña
Tempada 1907–08
PresidenteGalicia Luis Cornide (ata o 28 de marzo de 1908)
Galicia Laureano Martínez (dende o 28 de marzo de 1908)
EstadioCorralón da Gaiteira

A tempada 1907/08 foi a segunda tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet.

Resumo da tempada

En xaneiro de 1908 deu comezo un torneo organizado polo María Pita a modo de cuadrangular, no que participou ese club xunto ao Coruña e dous equipos do Deportivo, sendo esta a primeira competición local de fútbol na historia da Coruña. No seu primeiro partido, o Deportivo conseguiu a vitoria sobre o organizador por 0-4. A continuación viaxou a Vigo para xogar por primeira vez fóra da Coruña, e alí sufriu ante o Fortuna de Vigo unha ampla derrota por 12-0 que segue sendo hoxe en día a segunda peor goleada da historia do club.

Xa en febreiro, o Deportivo sufriu a primeira derrota da súa historia ante o seu máximo rival, o Coruña, por 4-1, e finalmente acabou na segunda posición o torneo local coruñés.[1] En marzo foi elixida unha nova xunta directiva, presidida por Laureano Martínez Brañas, futuro alcalde coruñés e pai dos xogadores do equipo Francisco e Carpio Martínez.[2] Tras varios meses sen xogar, o equipo volveu á acción en maio, baténdose ante a tripulación do barco inglés Albion, que naufragara ao golpear cos baixos do Carromeiro Chico de Corcubión.[2] O Deportivo conseguiu a vitoria, pero sufriu a baixa do seu gardameta, Salvador Fojón, que estivo a piques de perder un ollo neste encontro, incidente que practicamente o retirou da práctica do fútbol.[2]

En xullo disputouse a previa da segunda edición do Campionato de Galicia e Asturias, desta vez con cinco equipos da cidade: Coruña, Deportivo, María Pita, The Widovers e Alltheweek. O Deportivo debía enfrontarse no seu primeiro partido ao María Pita, pero foille concedida a vitoria por incomparecencia do rival, nunha decisión que causou polémica.[3][4] O 19 de xullo o Deportivo asoballou ao Alltheweek por 11-0, nunha das maiores goleadas da historia do club.[2] No partido decisivo, o deportivo goleou ao outro favorito, o Coruña, por 5-1, ante unha gran concorrencia de público no Corralón da Gaiteira, facéndose coa praza para a fase final do torneo, na que participaron tamén o Fortuna de Vigo e o Pontevedra Sporting.[5]

O 13 de agosto o Deportivo xogou no Corralón contra o Fortuna, que defendía título, formando os coruñeses con Argudín; Ancos, Long; Francisco Martínez, White, Llano; Boville, Félix de Paz, Virgilio, Manuel Álvarez e José Rodríguez.[6] O centrocampista inglés Alex H. White converteuse neste encontro no primeiro xogador estranxeiro na historia do club. O Deportivo perdeu os seus dous partidos do triangular, resultando vencedor de novo o Fortuna.[6]

Persoal

Xogadores

Pos Nac Nome
POR Galicia Salvador Fojón
POR Galicia Gerardo Martínez
POR Galicia Argudín
DEF Galicia Long
DEF Galicia Ancos
DEF Galicia Carpio Martínez
DEF Galicia Ramón Aguilar
MED Galicia Ángel Rodríguez
MED Galicia Francisco Martínez
MED Galicia Gonzalo Villanueva
MED Galicia José de Llano
MED Inglaterra White
MED Galicia Roberto Díaz
DIA Galicia Félix de Paz
DIA Galicia Virgilio
DIA Galicia Boville
DIA Galicia Manuel Álvarez
DIA Galicia Pedro Urioste
DIA Galicia José Rodríguez
Galicia Manuel Collado

Xunta directiva

Ata o 28 de marzo

Cargo Nome
Presidente Galicia Luis Cornide
Vicepresidente Galicia Rogelio Fernández Conde
Tesoureiro Galicia Emilio Alba
Contador Galicia José Longueira
Secretario Galicia Gonzalo Villanueva

Dende o 28 de marzo

Cargo Nome
Presidente Galicia Laureano Martínez
Vicepresidente Galicia Rogelio Fernández Conde
Tesoureiro Galicia Gonzalo Villanueva
Contador Galicia José González March
Secretario Galicia Ramón Moscoso

Partidos

      Vitoria

      Empate

      Derrota

Amigables

Concurso María Pita

Campionato de Galicia e Asturias

  1. O Deportivo foi declarado vencedor por incomparecencia do María Pita.
  1. O Deportivo foi declarado vencedor por incomparecencia do The Widovers.

Outros amigables

Notas

  1. Ventureira 2022, p. 76.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ventureira 2022, p. 78.
  3. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1907. p. 1. 
  4. "Las próximas fiestas". El Noroeste (en castelán) (4693). 14 de xullo de 1908. p. 1. Consultado o 3 de xaneiro de 2025. 
  5. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 1908. p. 1. 
  6. 6,0 6,1 Ventureira 2022, p. 80.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!