Teenager of the Year é o segundo álbum en solitario do músico estadounidense Frank Black, líder dos Pixies, publicado o 23 de maio de 1994 a través dos selos 4AD e Elektra Records. Foi producido polo antigo membro de Pere Ubu Eric Drew Feldman, que tamén toca os teclados.[1] O disco adoita a ser citado como o momento máis álxido do catálogo de Francis tras a separación dos Pixies,[1][2][3] e está no posto 94 da lista de Pitchfork Media dos 100 mellores álbums dos 90.[2] O álbum conta coa colaboración de varios músicos, como o guitarrista de Pixies Joey Santiago e o guitarrista Lyle Workman. Aínda que no seu momento non foi moi ben recibido, a día de hoxe é eloxiado tanto pola crítica como polo público como un dos mellores momentos post-Pixies.[2]
O álbum chegou ao número 2 da lista Billboard Heatseekers e ao 131 da Billboard 200 en 1994. O sinxelo "Headache" acadou o número 10 da Billboard Modern Rock Tracks ese ano.[4]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Black Francis.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Whatever Happened to Pong?" |
1:34 |
2. |
"Thalassocracy" |
1:33 |
3. |
"(I Want to Live on an) Abstract Plain" |
2:17 |
4. |
"Calistan" |
3:22 |
5. |
"The Vanishing Spies" |
3:37 |
6. |
"Speedy Marie" |
3:33 |
7. |
"Headache" |
2:52 |
8. |
"Sir Rockaby" |
2:54 |
9. |
"Freedom Rock" |
4:16 |
10. |
"Two Reelers" |
3:01 |
11. |
"Fiddle Riddle" |
3:29 |
12. |
"Olé Mulholland" |
4:41 |
13. |
"Fazer Eyes" |
3:36 |
14. |
"I Could Stay Here Forever" |
2:27 |
15. |
"The Hostess with the Mostest" |
1:56 |
16. |
"Superabound" |
3:10 |
17. |
"Big Red" |
2:41 |
18. |
"Space Is Gonna Do Me Good" |
2:22 |
19. |
"White Noise Maker" |
2:42 |
20. |
"Pure Denizen of the Citizens Band" |
2:20 |
21. |
"Bad, Wicked World" |
1:57 |
22. |
"Pie in the Sky" |
2:13 |
Notas