Tartaruga

Quelonios ou Tartarugas
Testudines vel Chelonia

Rango fósil: Triásico tardío – Actualidade[1]

Testudo hermanni
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (ou Reptilia)
Subclase: Diapsida
Orde: Testudines
Batsch, 1788[2]
Subordes
Sinonimia
  • Chelonii Latreille, 1800[2]
  • Chelonia Ross and Macartney, 1802[2]

As tartarugas[3] ou quelonios[4] constitúen unha unha orde de réptiles caracterizados por teren un tronco ancho e curto e unha coiraza, cuncha ou envoltura que protexe os órganos internos do seu corpo, e que está formada por dúas capas —a superior (espaldar) e a inferior (peto ou plastrón), unidas por unha ponte— de ósos planos e que posúe orificios para a saída, por diante, da cabeza e as patas anteriores e, por detrás, das patas posteriores e a cola. Carecen de dentes pero teñen un peteiro córneo para colleren e esmagaren os alimentos.[5]

As tartarugas inclúen especies existentes (vivas) e extintas. Os seus primeiros membros coñecidos datan do Xurásico Medio.[1] Son un dos grupos de réptiles máis antigos, máis do que as serpes ou os crocodilianos.

Son ectotermos (normalmente chamados de sangue frío), o que significa que a súa temperatura interna varía segundo o ambiente. Porén, debido á súa alta taxa metabólica, as tartarugas mariñas de coiro teñen unha temperatura corporal que é sensibelmente superior á da auga circundante. As tartarugas clasifícanse como amniotas, xunto con outros réptiles, aves e mamíferos. Como todos os amniotas, as tartarugas respiran aire e non poñen os seus ovos baixo a auga, aínda que moitas especies viven dentro ou arredor da auga.

Características

Coiraza e esqueleto

Organización dos escudos da coiraza dunha tartaruga.

A coiraza ou cuncha é parte máis típica do corpo dunha tartaruga, e ten tanto ósos do esqueleto interno como outros planos e anchos que se orixinan na pel e acaban por soldarse aos primeiros. A parte externa da cuncha, que pode ser continua ou non, está revestida de placas, córneas case sempre, pero hai un pequeno número de especies que están cubertos de pel branda e dura (como, por exemplo, a tartaruga de coiro). A forma e número destas placas serve para a clasificación sistemática das especies desta orde.

A cobertura das tartarugas está formada por dúas partes: unha superior chamada espaldar ou escudo e outra inferior chamada plastrón ou peto, que poden estar soldadas entre si ou unidas por certos ligamentos elásticos que lle pode dar algo de mobilidade. O espaldar ten 5 series lonxitudinais de placas óseas: unha serie media que vai polas vértebras, dúas placas costais, as máis anchas, e dúas series marxinais. O peto ten catro pares de placas simétricas que levan os nomes de epipeto, epiplastrón, plastrón, xifiplastrón, e unha única placa impar chamada endoplastrón.

O esqueleto da cabeza, ademais de ter interese para a clasificación sistemática, ten características propias como, por exemplo, non ter nunca fosas temporais, carecer de forame interparietal e que o cóndilo occipital aparece trilobulado. Carece de dentes, e no seu lugar aparece unha capa córnea a modo de bico ou peteiro con bordos afiados que serven para cortar os alimentos.

O colo, a cabeza e as patas permanecen sempre fóra do escudo (como nas tartarugas mariñas) ou ben poden retraerse total ou parcialmente dentro del.

Extremidades

As extremidades están provistas de cinco uñas, aínda que hai grandes diferenzas entre as distintas especies. As tartarugas mariñas teñen as extremidades anteriores máis longas e fortes que as posteriores, e teñen forma de aleta. As extremidades das tartarugas de auga doce non teñen nunca forma de aleta, pero si posúen fortes uñas e unha membrana interdixital. Nas tartarugas terrestres os dedos das mans e dos pés son moi curtos, con uñas robustas rematadas en punta.

Aparello dixestivo

O aparello dixestivo destes animais ten certas particularidades: carece de dentes, a lingua é branda e non protráctil, o esófago ten moitas papilas revestidas de formacións córneas rematadas en punta, e coa punta dirixida cara a atrás. O estómago é sinxelo e o intestino ten pouca lonxitude e pode ter cego ou non. Desemboca nunha cloaca ampla, que abre ao exterior a través dunha fenda circular na que verten os seus produtos tanto o aparello excretor como o xenital.

Aparello circulatorio

O aparello circulatorio é de tipo reptiliano, non sendo distinto do da maioría dos membros da clase dos réptiles.

Aparello respiratorio

O aparello respiratorio presenta características propias deste grupo. Os pulmóns teñen unha estrutura moito máis complexa que nos outros réptiles e a mecánica respiratoria tamén é distinta á dos outros tetrápodos pulmonados. A caixa torácica é completamente inmóbil e a entrada e saída de aire realízase grazas aos movementos en pistón do colo e as extremidades dianteiras. Inflúe tamén o aparello hioide e a farinxe, a cal ten capacidade de dilatarse. Nas especies acuáticas, a respiración realízase a través dos pulmóns e da cloaca, especialmente de dous sacos laterais desta.

Aparellos excretor e reprodutor

O aparello excretor non ten tampouco características moi distintas do resto da clase dos réptiles. O aparello reprodutor masculino, a diferenza doutros réptiles, posúe un sinxelo pene. O aparello reprodutor feminino ten un grande ovario que produce ovos grandes, con moito vitelo e unha casca ás veces calcárea e ríxida e outras branda e apergamiñada.

Sistema nervioso

O sistema nervioso tamén segue a pauta da maioría dos réptiles e non posúe características especialmente diferentes. Entre os sentidos predominan a vista, o olfacto e o sentido do tacto.

O oído non parece moi agudo nestes animais. Carece de conduto auditivo externo e nalgunhas especies hai unha membrana timpánica visíbel a ambos os dous lados da cabeza; noutras está cuberta de pel e é invisíbel.

Os ollos non son moi grandes, e teñen a pupila circular e unha esclerótica con moitas placas óseas que semellan un diafragma. Ten tres pálpebras: unha superior, outra inferior e a terceira móvese verticalmente (membrana nictitante).

Distribución mundial das tartarugas

Azul:Tartarugas mariñas, Negro:Tartarugas terrestres.

Modo de vida

Segundo as distintas especies, as tartarugas poden vivir fóra ou dentro da auga, algunhas indistintamente, e caracterízanse por ter unha dura cuncha que lle serve de defensa ante os depredadores, posto que de non tela e pola súa gran lentitude serían moi vulnerábeis. O grupo ten cerca de 300 especies e ocupa hábitats moi diversificados como océanos, ríos zonas secas ou bosques intertropicais húmidos.

Reprodución

As tartarugas reprodúcense por medio de ovos, que ás veces teñen forma esférica e outras elipsoidal. As femias soterran os ovos, en area ou terra branda, a unha certa profundidade para que os depredadores non poidan alcanzalos. Hai especies que poñen poucos ovos e outras, en cambio, poñen un número moi elevado (máis de cen). A incubación é longa, e baséase na calor ambiental. Neste sentido é interesante o que acontece coas tartarugas mariñas, xa que na época de reprodución se achegan durante a noite a unha praia areosa e alí deixan a posta nun burato que elas mesmas escavan. Cando as pequenas tartarugas nacen teñen que chegar rápido á auga, sendo este uns dos momentos máis perigosos da súa vida, por seren febles e, loxicamente, atopárense expostas a moitos depredadores.

Clasificación

Taxonomía

Chelodina longicollis, un pleurodiro, unha das subordes actuais de tartarugas.
Trachemys scripta elegans, común como mascota.
Macrochelys temminckii, un quelídrido.
Chelonia mydas, un quelónido.

Suborde Proganochelydia (extinta)

Suborde Paracryptodira (extinta)

Suborde Cryptodira

Suborde Pleurodira

Algunhas especies coñecidas

Tartaruguiñas da especie Trachemys scripta.

En Galiza

Especies descritas en Galiza

En Galiza son autóctonas das costas próximas e das augas interiores as seguintes especies:[6]

Tartarugas de auga doce

Citáronse en Galiza dúas especies de tartarugas dulciacuícolas ou sapoconchos, aínda que se dubida da autenticidade dunha delas. Son réptiles moi escasos e ameazados, raros de ver en Galiza, que viven sempre preto da auga, xeralmente de lagoas ou ríos de curso lento con abundante vexetación acuática. A diferenza das tartarugas terrestres son carnívoras, alimentándose de animais acuáticos e preas (corpos de animais mortos en descomposición):[7]

Tartarugas de terra

As tartarugas de terra foron obxecto dun intensísimo comercio que levou case á extinción á maior parte das poboacións salvaxes mediterráneas destas especies. As dúas especies autóctonas da Península Ibérica e as illas Beleares, a tartaruga grega ou moura (Testudo graeca) e a tartaruga mediterránea (Testudo hermanni) gozan dese 1973 de protección oficial en España, que prohibe a súa captura, tráfico e comercio, pero isto non impediu que seguise a venda e, até hai moi poucos anos case non había en Galiza ningunha horta ou xardín, e mesmo as terrazas das casas, que non tivesen a súa tartaruga. Estas especies, moi termófilas e propias de zonas secas, como corresponde á súa orixe mediterránea, sobreviven mal en Galicia, a pesar da súa proverbial lonxevidade, polo que agora se ven moi poucas.[8]

Cando as dúas especies ibéricas comezaron a escasear no mercado, máis pola case extinción dos espécimes salvaxes que pola eficacia das medidas protectoras, as tendas especializadas en mascotas comezaron a importar especies exóticas, entre elas:[9]

Tartarugas mariñas

Ás veces, extraviadas, son ocasionais visitantes das nosas augas varias especies de tartarugas mariñas:[10]

Notas

  1. 1,0 1,1 Joyce, Walter G. (2017): "A review of the fossil record of basal Mesozoic turtles" (PDF). Bulletin of the Peabody Museum of Natural History. 58 (1): 65–113. Consultado o 14 de maio de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Turtle Taxonomy Working Group (2017): Turtles of the World: Annotated Checklist and Atlas of Taxonomy, Synonymy, Distribution, and Conservation Status (PDF). Chelonian Research Monographs. 7 (8th ed.). pp. 1–292. ISBN 978-1-5323-5026-9.
  3. tartaruga no Dicionario da RAG.
  4. quelonios no Dicionario da RAG.
  5. Hutchinson, J. (1996): "Introduction to Testudines: The Turtles". University of California Museum of Paleontology.
  6. Asensi 2009, pp. 86-99.
  7. Galán (1993), p. 247.
  8. Galán (1993), p. 259.
  9. Galán (1993), pp. 259-266.
  10. Galán (1993), pp. 267-283.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Asensi Cabirta, Moisés (2009): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1.
  • Ayres, C. e Cordero, A. (2002): "La situación de los galápagos en Galicia" en Quercus 201: 20-24.
  • Ayres Fernández, C. & Cordero Rivera, A. (2001): "Sexual dimorphism and morphological differentiation in European pond turtle (Emys orbicularis) populations from northwestern Spain" en Chelonian Conservation and Biology 4: 100-106.
  • Cordero, A. & Ayres, C. (2004): "A management plan for the European pond turtle (Emys orbicularis) populations of the river Louro basin (NW Spain)" en Biologia, 59/Suppl. 14, 161-171.
  • Galán Regalado, P. e Fernández Arias, G. (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Ed. Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.
  • Galán, P. (1999): Conservación de la Herpetofauna Gallega. A Coruña: Universidade da Coruña. Servizo de publicacións. Monografía 72.
  • Sociedade Galega de Historia Natural (1995): Atlas de Vertebrados de Galicia. Tomo I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-87172-89-X.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

National Student Rodeo was a freestyle kayaking event in the UK hosted by Leeds University Canoe Club. The National Student Rodeo was the biggest freestyle kayaking competition in the world, with 670 entrants and over 1000 party goers from 36 universities at its peak. It was held annually at Holme Pierrepont (HPP) National Water Sports Centre in Nottingham. Organisation Despite the highly demanding nature of organising events such as this, the National Student Rodeo was always organised and r...

 

La Neuve-Lyre Entidad subnacional Escudo La Neuve-LyreLocalización de La Neuve-Lyre en Francia Coordenadas 48°54′30″N 0°44′52″E / 48.908333333333, 0.74777777777778Entidad Comuna de Francia • País  Francia • Región Alta Normandía • Departamento Eure • Distrito Distrito de Évreux • Cantón Cantón de Rugles • Mancomunidad Communauté de communes du canton de RuglesAlcalde Jean-Claude François(2008-2014)Superficie ...

 

присілок Нова Армієвка рос. Новая Армеевкаерз. Од Армеевка Країна  Росія Суб'єкт Російської Федерації Мордовія Муніципальний район Єльниківський район Поселення Новоямське Код ЗКАТУ: 89218875006 Код ЗКТМО: 89618475106 Основні дані Населення 9 осіб (2010[1]) Поштовий індекс 431377 ...

Nama ini menggunakan cara penamaan Spanyol: nama keluarga pertama atau paternalnya adalah Esmorís dan nama keluarga kedua atau maternalnya adalah Tasende. Angeliño Informasi pribadiNama lengkap José Ángel Esmorís Tasende[1]Tanggal lahir 4 Januari 1997 (umur 26)[2]Tempat lahir Coristanco, SpanyolTinggi 170 cm (5 ft 7 in)[3]Posisi bermain Bek kiri / Gelandang kiri[4]Informasi klubKlub saat ini GalatasarayNomor 3Karier junior2001–20...

 

Virgen del Canciller Rolin de Jan van Eyck (Museo del Louvre, París). Retrato de Giovanni Arnolfini y su esposa, National Gallery, Londres. Primitivos flamencos es la denominación historiográfica para los maestros de la escuela flamenca de pintura en sus siglos iniciales; desde Jan van Eyck (primera mitad del siglo XV) hasta Pieter Bruegel el Viejo (mediados del siglo XVI).[1]​ Dentro de la pintura flamenca existen varias escuelas: la italianista y la reaccionaria durante l...

 

American rapper WorldwideBackground informationBirth nameMichael ParkerAlso known asWorldwide210, World WideBorn (1986-03-02) March 2, 1986 (age 37)Los Angeles, CaliforniaOriginSan Antonio, Texas, U.S.GenresHip hop, Southern hip hopOccupation(s)Rapper, producerYears active2009–presentLabelsTimele$ CrewWebsitetimelesscrew.tumblr.comMusical artist Michael Parker (born March 2, 1986), better known by the stage name Worldwide, is an independent rapper, emcee, music producer & hip hop a...

Jagjaguwar Fundação 1996 Fundador(es) Darius Van Arman Distribuidor(es) SC Distribution Gênero(s) Indie rock País de origem EUA Localização Bloomington, Indiana Página oficial http://jagjaguwar.com/ Jagjaguwar é uma gravadora independente focada em indie rock de Bloomington, Indiana.[1] Artistas Aspera The Besnard Lakes Black Mountain Bon Iver S. Carey The Cave Singers Company Robert Creeley The Dead C Dinosaur Jr. Julie Doiron Jad Fair Foxygen Fuck Gayngs Simon Joyner Ladyhawk Lightn...

 

Religion including traditional Iroquois beliefs and Christian elements Onondaga longhouse on the Six Nations Reservation in the early 1900s The Longhouse Religion is the popular name of the religious movement also known as The Code of Handsome Lake or Gaihwi:io/Kaliwihyo (Good Message), founded in 1799 by the Seneca prophet Handsome Lake (Sganyodaiyoˀ). This movement combines and reinterprets elements of traditional Iroquois religious beliefs with elements adopted from Christianity, primaril...

 

2007 studio album by Sage FrancisHuman the Death DanceStudio album by Sage FrancisReleasedMay 8, 2007 (2007-05-08)GenreHip hopLength54:42LabelEpitaph RecordsProducerOdd Nosdam, Mr. Cooper, Buck 65, Mark Isham, Alias, Sixtoo, Ant, Big Cats!, Kurtis SP, Miles Bonny, ReanimatorSage Francis chronology A Healthy Distrust(2005) Human the Death Dance(2007) Li(f)e(2010) Human the Death Dance is the third solo studio album by American rapper Sage Francis.[1] It was relea...

Overview of immigration to Japan Foreign residents in Japan According to the Japanese Ministry of Justice, the number of foreign residents in Japan has steadily increased in the post Second World War period, and the number of foreign residents (excluding illegal immigrants and short-term foreign visitors and tourists staying more than 90 days in Japan) was more than 2.76 million at the end of 2022.[1] Being a country with a total estimated population of 125.57 million in 2020,[2&#...

 

Aeropuerto Internacional Palonegro IATA: BGA OACI: SKBG FAA: LocalizaciónUbicación Lebrija (Santander), Colombia, ColombiaElevación 1.188Sirve a Bucaramanga, ColombiaDetalles del aeropuertoTipo PúblicoOperador Aeropuertos de Oriente S.A.S.Estadísticas (2022)Movimiento de pasajeros 2'149.425Movimiento de carga 63000tnOperaciones aéreas 28.353Pistas DirecciónLargoSuperficie17/352.310 × 45[1]​AsfaltoMapa BGA / SKBG Ubicación del aeropuerto en SantanderSitio web http://bga.aeroorie...

 

Japanese manufacturer of scientific instruments JEOL Ltd.Native name日本電子株式会社TypePublic KKTraded asTYO: 6951ISINJP3735000006IndustryPrecision instrumentFoundedMay 30, 1949; 74 years ago (1949-05-30)FoundersKenji KazatoKazuo ItoHeadquartersAkishima, Tokyo 196-8558, JapanArea servedWorldwideKey peopleGon-emon Kurihara(President)ProductsScientific and metrology instrumentsSemiconductor equipmentClinical chemistry analyzersRevenue JPY 107.3 billion (FY 2015) (US$ ...

Jungle EntertainmentIndustryTelevision, FilmFounded2002HeadquartersLevel 4, 113-115 Oxford Street Sydney, AustraliaNumber of locationsSydney, Australia, Los Angeles, United StatesArea servedWorld WideKey peopleJason Burrows, Chloe Rickard, Trent O'Donnell, and Phil Lloyd.Websitehttp://www.jungleentertainment.com Jungle Entertainment (formerly known as Jungleboys), is a production company owned by Executive Producer Jason Burrows, Writer/Director Trent O'Donnell, Writer/Performer Phil Lloyd ...

 

American supernatural drama TV series (2005–2010) Ghost WhispererGenre Supernatural drama Fantasy Created byJohn GrayStarring Jennifer Love Hewitt Aisha Tyler David Conrad Camryn Manheim Jay Mohr Christoph Sanders Jamie Kennedy Composers Mark Snow Dan Beyer (Body of Water) Country of originUnited StatesOriginal languageEnglishNo. of seasons5No. of episodes107 (list of episodes)ProductionExecutive producers John Gray (seasons 1–3) Ian Sander Kim Moses Jennifer Love Hewitt (season 5) Produc...

 

Waterfall in Alajuela Province, Costa RicaLa Fortuna Waterfall(es) Catarata FortunaLa Fortuna Waterfall in 2006LocationLa Fortuna, Alajuela Province, Costa RicaCoordinates10°26′53.15″N 84°40′05.72″W / 10.4480972°N 84.6682556°W / 10.4480972; -84.6682556Total height70-75 mNumber of drops1WatercourseFortuna River La Fortuna Waterfall (Spanish for the fortune) is in central Costa Rica, in the Alajuela Province. In Spanish, it is known as Catarata Fortuna. The w...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Lotus Eleven – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2018) (Learn how and when to remove this template message) Motor vehicle Lotus ElevenA Lotus Eleven at Donington Park in 2007OverviewManufacturerLotus carsProduction1956–1958DesignerFrank Costi...

 

Wooden roller coaster in Adventureland Not to be confused with the roller coaster at Silver Dollar City, Outlaw Run. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Outlaw roller coaster – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2009) (Learn how and when to remove this template message) Ou...

 

Sub-discipline of sociology relating to legal studies Legal systems and society. Top-left: Congresswoman Marcy Kaptur (D-OH), Dean of the Ohio Delegation, spoke at a press conference at the U.S. Supreme Court to defend voter rights in Ohio. Top-right: Protests and press outside the Supreme Court of the United Kingdom. Bottom-right: upclose image of the Supreme Court of India. Fountain de la Justice which features the attributes of jurisprudence and justice. Switzerland. Part of a series onLaw...

Automatically added to a customer's bill This article may need to be rewritten to comply with Wikipedia's quality standards. You can help. The talk page may contain suggestions. (May 2013) Mandatory tipping (also known as a mandatory gratuity or an autograt) is a tip which is added automatically to the customer's bill, without the customer determining the amount or being asked. It may be implemented in several ways, such as applying a fixed percentage to all customer's bills, or to large grou...

 

The Secret Life of a Satanist AuthorBlanche BartonLanguageEnglishSeriesUnited StatesSubjectAnton LaVeyGenreBiographyPublisherFeral HousePublication date1992,2003Pages262 The Secret Life of a Satanist: The Authorized Biography of Anton LaVey is a biography on the life of Anton LaVey, the founder of LaVeyan Satanism and the Church of Satan, released in 1990 through Feral House publishing. The book is written by Blanche Barton, administrator of the Church of Satan and partner and confidant of La...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!