Tango e Cash (en inglés: Tango & Cash) é un filme estadounidense de 1989 dirixido por Andrei Konchalovsky. Está protagonizado por Sylvester Stallone, Kurt Russell, Jack Palance e Teri Hatcher. Stallone e Russell interpretan a Raymond Tango e Gabriel Cash, respectivamente, dous detectives de narcóticos rivais do Departamento de Policía dos Ánxeles, que se ven obrigados a traballar xuntos despois de que o cerebro criminal Yves Perret (Palance) os incrimina a ambos por asasinato.
O filme estreouse a través de Warner Bros. nos cinemas dos Estados Unidos o 22 de decembro de 1989, o mesmo día que Always, para sempre. Ámbolos dous filmes foron os últimos estreados na década de 1980. O filme recibiu valoracións mixtas da crítica.
Personaxes
Notas